YOU ARE HERE: Inicio Paintball

Paintball

¿Cómo se leva a cabo a actividade?

 

Ao chegar ao noso centro de ocio, o noso monitor explicaravos as normas de seguridade a seguir ao longo da actividade. Despois repartirá fundas, chalecos protectores de peito e lombo, máscaras protectoras e unha marcadora de pintura. 

Durante o xogo, o noso monitor encargarase de ir administrando e racionando todas as bolas de pintura para que poidades xogar o máximo número de misións posibles. As partidas teñen una duración de entre 5 e 10 minutos. Así, se un xogador cae eliminado ao inicio tan só terá que esperar uns minutiños para volver xogar... e seguir gozando da actividade.

A duración estimada da actividade, entre que chegades, vos cambiades e se realizan os xogos, é de dúas horas.
Ao inicio da actividade decidiredes o número de bolas por persoa que desexedes mercar pero, se ao finalizar queredes seguir un pouco máis, podedes comprar unhas recargas e seguir xogando.

 

O Noso campo

En Gaels Santiago apostamos pola descarga de adrenalina. Deseñamos varios escenarios nun espazo de 10.000 metros cadrados, con árbores inclídas e un fermoso regato. Disfrutaredes ademais dun espectacular campo de competición, para que poidades probar cada unha das sensacións deste novo deporte.

Gaels esta traballando este inverno para engadir un escenario temático novo ao centro: "o paso fronteirizo"...Proximamente poremos fotos nesta sección.

E como sabemos que unhas imaxes explican moito máis ca mil palabras, descúbreo na nosa sección vídeos. Pero só existe un xeito de saber o que é o paintball ....atréveste a averigualo?

 

 

¿Que traer?

Pouca cousa...

Ao chegar ao noso centro, repartirémosvos fundas que poredes sobre a vosa roupa, un chaleco protector para o peito e o lombo e unha máscara.

Recomendámosvos que levedes un calzado e unha roupa cómoda. Se son deportivos (chándal e tennis ou botas de montaña) mellor que mellor.

Tamén vos recomendamos que traïades algunha roupa de recambio.

 

Tarifas

Todos os prezos inclúen: funda, máscara, peto protector, marcadora de pintura con gas, as bolas indicadas, monitor e seguro de Responsabilidade Civil.

Pack inicial: 18€/persoa (inclúe 100 bolas iniciais)
Pack 200: 20€/p (inclúe 200 bolas)
Pack a tope: 28€/p (inclúe 500 bolas)

Recargas de 100 bolas: 3€
Caixa de 2000 bolas: 60€

   

Información e reservas

Gaels Santiago:
email: info@gaels.es
telfs: 670 619 759

Descubre as túas fotos na nosa páxina de