YOU ARE HERE: Inicio Mountainboarding

Mountainboarding

¿Qué é o mountainboarding?

O mountainboarding e un deporte de moita adrenalina, que combina aspectos do snowboard, do surf e do skate. Garantiza as sensacións do snowboard sobre gran variedade de terreos, cando a neve xa se derreteu.
Una das grandes vantaxes do mountainboarding, é que non esta limitado polas condicións do tempo nin do terreo. Trátase dun deporte para todo o ano.

É moi difícil aprender?

O mountainboarding resulta realmente sinxelo de aprender tendo un mínimo de equilibrio. De feito resulta moitísimo máis fácil de aprender ca o snowboard. Ao cabo dunha hora, case todo o mundo pode xirar a dereita e a esquerda controlando a táboa en todo momento.


Para que idade esta recomendado?

O mountainboarding está indicado para nenos dende os 6 aos 70 anos. Dispoñemos tamén de táboas infantís.

 

Tarifas

 

Iniciación ao mountainboarding: 15€/persoa (incluídos no prezo: aluguer de táboa 1 hora, cobadeiras, xeonlleiras, guantes, casco, monitor e seguro de Responsabilidade Civil)

Una vez que fagas a iniciación, se o monitor considera que tes o nivel suficiente, recibirás un carné "Discover". Con el poderás alugar os nosos mountainboards por 1 hora, media xornada ou incluso días enteiros.

Aluguer:

Táboas:
1 hora: 10€

Media xornada (4 horas): 20€

1 xornada (8 horas): 30€ 

Proteccións: (set de cobadeiras, xeonlleiras, guantes e casco) 10€

 

 

O mountainboarding en imaxes

O feito é que o mountainboarding e un deporte totalmente novo no noso país.
Por iso preferimos facervos descubrir con este pequeno vídeo a que se parece a actividade en movemento...

 

 

 

 

¿Que traer?

Realmente para practicar mountainboarding non precisas de moito. Con por roupa deportiva e calzado deportivo (recomendamos zapatillas tipo skate, ou botas de montaña baixas) chega de sobra.
Se levas a cabo a túa iniciación en Gaels prestarémosche todo o demais.

   

Información e reservas

Gaels Santiago:
email: info@gaels.es
telfs: 670 619 759

Descubre as túas fotos na nosa páxina de