YOU ARE HERE: Inicio Máis actividades

Máis actividades

Tiro con arco

Ao chegar a Gaels centro de ocio, o noso monitor repartiravos protectores para evitar lesións nos brazos. Tras 5 minutos de instrucións que versarán sobre seguridade e técnica, empezaredes cunhas quendas de práctica. Ao final, levaremos a cabo un pequeno torneo entre todos os participantes. Cando finalizades a actividade, os participantes disporedes de coñecementos suficientes para poder mercar o voso arco e seguir practicando pola vosa conta.

Que traer?
Roupa e calzado deportivo

Tarifas:
Iniciación ao tiro con arco (duración: 1 hora): 10€/persoa 

 

Aventura GPS

Cando cheguedes ao centro de ocio, dividirémosvos en equipos. Tras explicarvos brevemente o funcionamento da unidade GPS, sairedes na procura das distintas pistas que teremos colocado previamente. En cada unha delas teredes que pasar una proba, mentres non consigades pasala proba, que pode ser calquera cousa..., non poderedes avanzar na ruta...gañará o primeiro equipo en acabar o percorrido.

Que teño que traer?
Basicamente calzado cómodo e moitas ganas de diversión

Requisitos:
Grupo mínimo de 4 persoas. Idade mínima: 8 anos

Tarifas:
(1 hora de duración aprox.): 10€/persoa

 

Urbantura

Se desexas descargar adrenalina, se soñaches algunha vez con ser o protagonista dun videoxogo ou duna película en tempo real nunha cidade real, ¡este é o teu xogo!

Cómo?

Cando cheguedes ao punto de encontro indicado no momento de realizar a reserva, encontraredes ao voso monitor. Durante uns minutos encargarase de contarvos o guión, así como de describirvos cada una das funcións das personaxes que pasaredes a encarnar. Dividirédesvos por grupos e entregarásevos un smartphone con gps (que vos ensinarán a usar), así como un mapa da zona de xogo, un resumen das instrucións e regras do xogo e, dependendo do xogo elixido, un disfrace e uns walkies. Cada xogo ten una duración distinta (por regra xeral 2 horas). Durante esas dúas horas poderedes xogar cantas veces queirades ambiando, se o desexades, o vosos roles na aventura. Ao longo de toda a actividade o monitor estará atento ,dende o punto de encontro, ao funcionamento do xogo: dispoñibilidade de satélites, de rede, de nivel de batería,... Estará presente para solucionar calquera dubida a respecto do xogo ou calquera problema técnico.

Descubre os distintos xogos na nosa web: www.urbantura.com

 
discgolf

Disc Golf

O disc golf é unha nova e divertida maneira de descubrir o xogo del frisbee. O obxectivodo disc golf es embocar en cada green o disco nunha cesta situada a decenas de metros no menor número de lanzamentos posibles. O noso monitor prestaravos uns discos e daravos un breve briefing inicial antes de que vos lancedes a probar este divertido e innovador deporte.

Que teño que traer?
Calzado cómodo, roupa deportiva e algo de puntería

Requisitos:
Grupo mínimo de 2 persoas. Idade mínima: 6 anos

Tarefas:
(1 hora de duración aprox.): 10€/persoa

   

Información e reservas

Gaels Santiago:
email: info@gaels.es
telfs: 670 619 759

Descubre as túas fotos na nosa páxina de